Fondo cabecera

Servicios sociais

 

Servizos sociais comunitarios. Realizan unha acción social global e polivalente, dirixida ó conxunto da poboación do municipio, e teñen por obxetivo promover e posibilitar o benestar social de todolos cidadans.


Os usuarios dos servizos sociais comunitarios, son os individuos, grupos, organizacións e comunidade en xeral.

Equipo profesional dos servizos sociais comunitarios:
O departamento conta cos servizos dunha traballadora social de luns a venres, de 9:00 a 15:00.
O programa de axuda no fogar dispón de 9 auxiliares.


As funcións da traballadora social son:

 Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.

 Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.

 Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servizos existentes cando así o requira o caso.

 Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolle-la participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.

 Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva.

 Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.

 Información,asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflicto a nivel individual e colectivo.

CONTACTO

Plaza de España, 2- 2ª planta.
Teléfono: 982 36 71 03
Fax: 982 36 71 50
Horario: de 9 a 15 horas

Programas e servizos que se levan a cabo dende os servizos sociais comunitarios de Pedrafita do Cebreiro:

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com