Fondo cabecera

Ruta do Camiño de Santiago nos Ancares

O alto de San Roque

FICHA TÉCNICA

 Tipo: Sendeirismo, ecuestre, bicicleta ou turismo
 Dificultade: Alta
 Localización: Concello de Pedrafita do Cebreiro (Parroquia de Pedrafita, O Cebreiro, Liñares, Hospital, Padornelo e Fonfria)
 Itinerario: Pedrafita ¿ O Cebreiro ¿ Liñares ¿ Hospital ¿ Padornelo ¿ O Poio - Fonfria
 Tipo de recorrido: Lineal
 Distancia: 16 Km
 Duración: 5h a pé
 Lugares de interese: Porto de Pedrafita, area recreativa de Val de Cabrita, miradoiro de Pedrafita, miradoiro do Cebreiro, conxunto etnográfico do Cebreiro, Liñares (igrexa), alto de San Roque (monumento o peregrino), Hospital da Condesa (igrexa), Padornelo (igrexa), alto do Poio (miradoiro), Fonfria (igrexa), hórreos, casa típicas da montaña, restaurantes¿.
 Observacións: Lenda do Milagre e O camiño Francés. Ruta do Lago Maior (complementaria)

DESCRIPCIÓN


O recorrido desta ruta comeza en Pedrafita, o centro neurálxico deste concello, para chegar O Cebreiro onde se xunta co Camiño Francés que seguirá ata o seu remate en Fonfria.

Dende o punto de vista da natureza, é un paraíso incomparable para gozar das súas fantásticas vistas panorámicas o longo do seu percorrido, xa que podemos divisar a Serra dos Ancares, A Serra do Courel, a Serra do Piornal e a comarca do Bierzo. Por outra banda, temos que destacar que pasa polo Alto do Poio, o punto máis alto do Camiño Francés.
Dende un punto de vista espiritual e arquitectónico, gozaremos das súas igrexas e ermidas coa típica arquitectura da montaña lucense, as pallozas vivendas prerrománicas que se conservan en perfecto estado no pobo do Cebreiro, os hórreos típicos da zona e monumentos que se levantaron en honor a peregrinación a tumba do apóstolo Santiago. Destes monumento arquitectónicos hai que destacar a Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro que ten os seus orixes no s. IX e é considerada o monumento máis antigo do Camiño Francés.
Esta tamén e un fabulosa ruta para degustar a gastronomía típica do concello. Nela podemos degustar exquisitos manxares, como son O Queixo do Cebreiro e pratos que levan como base este, pratos feitos con produtos derivados do porco da zona, a carne de tenreira galega criada na nosa comarca¿.

Como complemento desta ruta podemos realizar a Ruta do Lago Maior e empaparnos de da espiritualidade un pequeno traxecto do Camiño de Santiago así coma da Lenda do Milagre (O Milagre do Santo Grial do Cebreiro)

Esta ruta é recomendable tanto para a xente que goza facendo rutas por paraxes naturais coma coa espiritualidade e arquitectura do Camiño de Santiago neste concello. Como valor engadido poden degustar a impresionante gastronomía da comarca.

Enlaces adicionais

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: concello@concellopedrafita.es
Horario: de 9:00 a 15:00