O obxecto do convenio é definir os termos de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia cos concellos de Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela e coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés que os engloba, para as seguintes liñas de actuacións:
Actuación 1- Mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Francés
Actuación 2.- Desenvolvemento de actividades culturais e turísticas que contribúan á promoción do Xacobeo así como á acollida e desfrute dos peregrinos
IMPORTES DA LIÑA 1:
CONCELLOS INDIVIDUAL- Actuacións no Camiño, Importe Concello de Pedrafita do Cebreiro: 32.000,00 €
Actuacións de programación Xacobeo e Camiño de Santiago
Importe Concello de Pedrafita do Cebreiro: 8.000,00 €