Fondo cabecera

Ruta do Milagre

Capela Santo Milagre

FICHA TÉCNICA

 Tipo: Sendeirismo
 Dificultade: Media
 Localización: Concello de Pedrafita do Cebreiro. Parroquia do Cebreiro
 Itinerario: Barxamaior ¿ Fontevedra ¿ O Cebreiro
 Tipo de recorrido: Ida e volta
 Distancia: 6.4 Km Ida e volta
 Duración: 2h ida e volta a pé
 Lugares de interese: Barxamaior (casa de Juan Santín, castiñeiro centenario, hórreos, ermida), Fontevedra (hórreos) e conxunto monumental O Cebreiro (pallozas, igrexa, reliquias, cruceiro¿)
 Observacións: Lenda do Milagre

DESCRIPCIÓN

     O recorrido desta ruta é, o que segundo conta Lenda do Milagre, facía Juan Santín; un dos protagonistas do Milagre do Santo Grial do Cebreiro. Este milagre aconteceu cando nun día de forte temporal de neve un monxe celebraba misa na capela do Cebreiro a lo polo ano 1300. Un veciño da pobo de Barxamaior desafiou a tempestade achegándose ata O Cebreiro para escoita-la misa. O monxe menosprezou o sacrificio do fregués, exclamando cando o viu chegar: ¿cual viene este otro con una tan gran tempestad, y fatigado, a ver un poco de pan y vino¿. Nese momento, a hostia converteuse en carne e o viño en sangue, e a virxe dos Remedios (Santa María a Real do Cebreiro) inclinou a cabeza para contemplar o acontecemento e quedou nesa postura.

     Nesta ruta podemos ver: o castiñeiro centenario que segundo din plantou Juan Santín e casa onde viviu, hórreos, as famosas pallozas do Cebreiro, a igrexa de Santa María a Real do Cebreiro ( o relicario onde se gardan as reliquias do milagre do s. XV, o cáliz e patena do s. XII (forma parte do escudo de Galicia), Santa María a Real do Cebreiro, tumbas dos protagonistas do milagre, baptisterio para o bautismo por inmersión do s. IX, sagrario que representa a tumba do apóstalo Santiago, a tumba do párroco Elías Valiña un dos grandes benfeitores das peregrinacións a Santiago, as imaxe de San Bieito e San Francisco de Asís), un cruceiro, o Hostal de peregrinos San Xiraldo de Aurillac, o Monumento O Gaiteiro, a Cruz do Promotorio...
Dende un punto de vista menos relixioso, esta ruta é de interese polas súas fermosas vistas, a súa fauna e flora , tanto dende os puntos de comezo e remata da mesma coma a longo do seu percorrido, así coma os elevados valores etnolóxicos e artísticos que atopamos nela.


Esta ruta é recomendable, tanto para xente que busca lares con valores espirituais e relixiosos coma para a que busca gozar da natureza e patrimonio artístico.

Enlaces adicionais

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com