Fondo cabecera

Rede Ancares-Courel

Vistas do val de Counavia

     Este espazo natural forma parte da Red Natura 2000 de Galicia e ten a consideración de LIC (Lugares de Importancia Comunitaria). Estas figuras de protección serven para a conservación da biodiversidade dos nosos habitáts naturais e da fauna e flora silvestre.
O ZEC Os Ancares ¿ O Courel (Zona de Especial Conservación) ocupa unha superficie de 102.562Ha, que se estenden polos concellos de Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna,As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Quiroga, Samos, Quiroga, Samos, Triacastela e Ribas de Sil. O 97,87% do concello de Pedrafita do Cebreiro forma parte de este espazo.


     O concello presenta un hábitat típico de media montaña, con importantes masas forestais de rebola, carballos, castiñeiro se bidueiros acompañados de abeleiras, cancereixos, pinos, xardóns, falsos platanos e teixos, e zonas de matogueira constituída principalmente por carqueixa, carpazas, fento e toxos. Tanto pola súa especial situación xeográfica como súa orografía e as características do seu hábitat fan de este espazo un apropiado para a existencia de especies deu na relevancia notable, como a nutría e diversos tipos de morcegos.

     A serra de Pedrafita do Cebreiro está formada por pequenos vales de 250m do nivel do mar, encaixados entre picos que roldan os 2000m de altitude. Os cumes presenta esa forma redondeada das vellas montañas, onde deixaron as súas pegadas todo tipo de erosión incluídos os glaciares. O concello asentase nas serras de O Piornal (1.386m) e do Rañadoiro (1.436m) resultado da oroxénese herciniana e de un rexogo das fracturas durante as últimas etapas do ciclo alpino. A consecuencia é un relevo ondulado composto por elevacións el vales sacados de pequenos cursos de auga.

     Nestas terras nacen dous importantes ríos: o Río Navia, que drena o Cantábrico e o Río Lor, que drena ó Atlántico. Estes ríos están acompañados de pequenos afluentes de augas fría e troiteiras como o Regato do Faro e outros ríos como o Río Curro.

     Pedrafita presenta un clima de tipo oceánico de montaña, cunha peculiaridade que é a presenza de precipitacións sólidas. As temperaturas varían moito o longo do ano,sendo agosto o mes máis cálido e xaneiro o máis frío. A temperatura media anual oscila entre os 8 ¿ 9 ºC. As precipitacións son moi abundantes sobre todo en outono e inverno (aproximadamente 2.000mm.)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com