ROMARÍA DE SANTA MARÍA A REAL E O SANTO MILAGRE DO CEBREIRO
Os días 8 e 9 de setembro celébrase cada ano na aldea do Cebreiro a romaría máis importante do noso concello, a Romaría de Santa Mª a Real do Cebreiro e do Santo Milagre.
Esta festa está principalmente motivada polo compoñente relixioso. Os romeiros procedentes de moitos lares de Galicia e parte do Bierzo, peregrinan maioritariamente a pé ata o Cebreiro dende fai moitos sécalos para venerar a Santa Mª A Real do Cebreiro e O Santo Milagre segundo marca a tradición.
O acto principal é, a Misa Maior e a posterior procesión polas rúas do pobo na que participan a maior parte dos romeiros.
Outros elementos fundamentais, son as visitas ás reliquias do Santo Milagre, admirar o cáliz e patena onde se produciu o milagre (O Santo Grial do Cebreiro) e rezar fronte a virxe de Santa Mª A Real do Cebreiro.
Esta festa completase con: actuacións de bandas de música e baile tradicional, as populares merendas campestres ou a degustación de produtos tradicionais locais do aldea, compras nos diferentes postos de venda ambulante e para as xornadas rematan coas verbenas nocturnas.