Fondo cabecera

Romería de Santa María A Real e o Santo Milagre

Romaria do Santo Milagre

ROMARÍA DE SANTA MARÍA A REAL E O SANTO MILAGRE DO CEBREIRO

Os días 8 e 9 de setembro celébrase cada ano na aldea do Cebreiro a romaría máis importante do noso concello, a Romaría de Santa Mª a Real do Cebreiro e do Santo Milagre.

Esta festa está principalmente motivada polo compoñente relixioso. Os romeiros procedentes de moitos lares de Galicia e parte do Bierzo, peregrinan maioritariamente a pé ata o Cebreiro dende fai moitos sécalos para venerar a Santa Mª A Real do Cebreiro e O Santo Milagre segundo marca a tradición.

O acto principal é, a Misa Maior e a posterior procesión polas rúas do pobo na que participan a maior parte dos romeiros.

Outros elementos fundamentais, son as visitas ás reliquias do Santo Milagre, admirar o cáliz e patena onde se produciu o milagre (O Santo Grial do Cebreiro) e rezar fronte a virxe de Santa Mª A Real do Cebreiro.

Esta festa completase con: actuacións de bandas de música e baile tradicional, as populares merendas campestres ou a degustación de produtos tradicionais locais do aldea, compras nos diferentes postos de venda ambulante e  para as xornadas rematan coas verbenas nocturnas.

 

Imaxes

Santa Mª a Real do Cebreiro Altar Santo Milagre

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com