Fondo cabecera

Feria do Queixo de O Cebreiro

feira_queixo

     Dende 1987, vénse celebrado todos os anos na localidade de Pedrafita a Feira do Queixo entorno a Semana Santa. Nos últimos anos este evento ten lugar o día de Venres Santo. Cada ano está batendo os seus propios récords de participantes e asistentes.

     Esta feira, é un dos mellores escaparates para o produto máis característico do noso concello, O Queixo do Cebreiro (é un queixo fresco, brando e lixeiramente ácido que está elaborado con leite pasteurizada do gando vacún da nosa comarca, sen conservantes ni produtos medicamentosos; o que o fai un fabuloso manxar para o padal). Nesta feira, podemos atopar outros tipos de queixos e derivados do leite con denominación de orixe e artesanais. Por outra banda, tamén atoparemos unha gran variedade de produtos elaborados baixo as súas respectivas denominacións de orixe ou de forma artesanal nas casas, tanto da nosa comarca coma doutros lares de España e do estranxeiro, como mel, viño, pasteis, pan, derivados do porco, produtos feitos con coiro...

     A feira completase coa actuación de grupos de baile e música tradicional, con exposicións sobre a cultura tradicional.

Imaxes

feira.1

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com