Fondo cabecera

Parroquias

Parroquias

Cebreiro, Santa María A Real do

Está formada polos pobos de Barxamaior, O Cebreiro, Fonteferreira, Fontevedra, Foxos, Lagúa de Tablas e A Moeda.

A Igrexa parroquial de Santa María A Real do Cebreiro datada del século IX, considérase un dos monumentos máis antigos do Camiño Francés. É de estilo prerrománico, ten planta rectangular y cuberta a dúas augas con tellado de lousa. O seu interior está articulado en tres naves irregulares, un baptisterio que conta con unha pila bautismal utilizada para o bautismo por inmersión hasta o século XIII e a sancristía . A esta igrexa está unida a ¿lenda do Santo Milagre¿, que segundo conta a tradición sucedeu polo ano 1300 no cáliz e na patena do Cebreiro (pezas románicas do século XII, que forman parte do Catálogo de Arte Románico Europeo) cuxos restos se conservan nun relicario doado por os Reis Católicos en 1486. Ademais destas excepcionais pezas esta igrexa conta con valiosos retablos e esculturas como a imaxe de Santa María A Real do Cebreiro.

Fonfría, San Xoán de

Limita cos concellos de As Nogais e Triacastela, sendo o último pobo do concello de Pedrafita do Cebreiro polo que pasa o Camiño Francés.

A Igrexa parroquial de San Xoán, construída no século XVI sufriu varias reformas o longo dos anos, sendo a mas significativa no ano 1964. Ten nave rectangular con muros de pedra, cuberta de lousa e campanario de unha soa parede (espadana) con tres vans. A sancristía atopase ó lado dun dos laterais da nave.

O Hospital de Santa Catalina, do que actualmente non se conservan restos, era un hospital de peregrinos dependente do convento do Sancti Spiritus de Melide. Dito Hospital estaba situado en Fonfría e ofrecía o peregrino lume, auga, sal e unha cama con dúas mantas.

Hospital da Condesa, San Xoán de

Está formada por Hospital da Condesa, Teixoeiras e Vilarín do Monte.


O singular nome desta parroquia e pobo provén do feito de situarse alí un dos primeiros hospitais do Camiño Francés fundado por dona Egilo, esposa do conde Gatón, no século XI que aliviaba as penalidades dos peregrinos.


En Hospital da Condesa atópase a Igrexa parroquial de San Xoán, datada do século XII, consta dunha soa nave de planta de cruz latina, con presbiterio de arco triunfal e bóveda de medio punto. Esta construción está feita en muros de cachotaría e conta cunha torre porticada coroada por unha cruz de Santiago. Ó campanario accédese por unha escaleira exterior. Esta igrexa foi filial do Mosteiro do Cebreiro e probablemente estivera relacionada coa Orde de San Xoán.

Liñares, Sto. Estevo de

Está formada polas aldeas de Brimbeira, Celeiró, Coterces e Liñares.


O topónimo ten a súa orixe nas antigas plantacións de liño existentes nesta localidade.


A Igrexa parroquial de Santo Estevo foi restaurada en 1963 e a súa fundación atribúese a un diácono do século VIII. Na Idade Media pertenceu o Mosteiro do Cebreiro. É de feitura similar a de Santa María do Cebreiro, cunha soa nave de planta rectangular e torre cadrada. No interior destaca un retablo barroco.

Lousada, San Vicente de

Está formado polas entidades de poboación de Chan da Pena, Lousada, Rabaceira, Santalla, Sixto e Trabazas.


A Igrexa parroquial de San Vicente ten imaxes barrocas de San Pedro e San Pablo. Contando tamén con retablos neoclásicos, un deles coa imaxe da Virxe e o Neno do século XVI.

Louzarela, San Xoán de

Está formada polas aldeas de Louzarela e Val de Fariña.


No interior da Igrexa parroquial de San Xoán consérvase unha talla do século XVI.

Pacios, San Lourenzo de

Está formada polos pobos de Pacios e O Seixo.


A Casa Grande de Pacios tiña vínculo e morgado fundados no 1696, gozando os seus donos de poder civil e criminal no coto. Conserva un brasón no que figuran as divisas de Armesto, Ron e Valcarce. Actualmente, o pazo está adherido á igrexa parroquial.

Igrexa de San Lourenzo, con planta irregular e muros de cachotaría, con cuberta de lousa a dúas e catro augas. Posúe torre cadrada de tres corpos, o primeiro dispón dunha porta , o segundo é cego e o terceiro presenta catro troneiras. No interior ten esculturas e retablos barrocos dos séculos XV e XVIII.

Padornelo, San Xoán de

Está formada polos pobos de Busnullán, O Lago, A Mata, Modreiro, Padornelo, Pallarvello, Porfía, Sabugos, O Temple, Vilanova, Vilasol e Vilaverde.


O burgo de Padornelo foi cedido por Oveco Sánchez a Diego Xelmírez e disque na súa igrexa houbo unha encomenda da Orde de San Xoán de Malta. A aldea do Temple probablemente pode ter relación coa dita Orde de Cabalería.


A Igrexa parroquial de San Xoán, do século XV, ten planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta de lousa. Conta cunha entrada lateral por un cabido cuberto. O campanario está coroado por un remate triangular. No interior atopamos un retablo barroco do século XVII.

Pedrafita do Cebreiro, San Antón de

Pedrafita do Cebreiro é a capital do concello.


A Igrexa parroquial de San Antón posúe unha ampla nave cuberta en lousa a catro augas. A fronte está formada por unha torre cadrada con tres troneiras e un pórtico.

Riocereixa, Santa Mª Madalena de

Está formada polas entidades de poboación de Fonteformosa, Riocereixa e San Pedro.


A Igrexa parroquial de Santa María Madalena conta cunha nave cuberta de lousa a dúas augas, , espadana de dous vans cunha troneira superior e no lateral sur un pórtico corrido.

Veiga de Forcas, Santa María de

A Casa Torre de Veiga de Forcas foi propiedade dos Armesto, eran os donos do coto de Veiga de Forcas, sufriu varias reformas perdendo así varios dos seus elementos. Hoxe en día, conserva os escudos de armas das familias Armesto e Ron.


A Igrexa parroquial de Santa María foi construída no século XVII por mandato de Pedro de Armesto. E de planta rectangular con cuberta de lousa a carto augas e na fronte presenta unha robusta torre de tres corpos. O presbiterio é máis elevado ca nave e está cuberto a dúas augas. No interior atopase un retablo barroco do século XVIII.

Zanfoga, San Martiño de

Está formada polos pobos de Acibo, Brañas, Os Casares, Fonlor, Fonteboa, Penacerbeira, Rubiais, Santín, Veiga de Brañas e Zanfoga.


A Igrexa parroquial de San Martiño é de planta rectangular con tres naves, cruceiro, sancristías, atrio cuberto e torre de dous corpos cun escudo con inscrición. No interior conserva un retablo de estilo renacentista e imaxes da Nosa Señora do Carme e outra representando o inferno. Destaca a cruz parroquial de prata do século XVIII.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com