Fondo cabecera

Localización

Localizacion

     O municipio de Pedrafita do Cebreiro está situado no centro das serras orientais de Galicia, entre as serras dos Ancares e O Courel, aproximadamente a 65Km da cidade de Lugo, capital da provincia. Limita cos concellos lucenses de As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela, e cos leoneses de Vega de Valcarce e Barjas.

     A estrada N-VI e autovía A-6 atravesa o concello polo extremo nororiental e comunícano con Becerreá, Ponferrada e Lugo. Outro acceso é a estrada LU-633, que o comunica coa comarca de Sarria e preto da cal descorre a maior parte do Camiño Francés neste concello.

     Conta cunha superficie de 104,9km² nos que residen 1.119 habitantes en 12 parroquias.
Elévase a maior parte do seu territorio por riba dos 1.000m, sendo un dos lugares de máis altitude de Galicia, aínda sen ter grandes cimas, a non ser as serras de O Piornal (1.386m), Rañadoiro (1.463m) e Chao da Serra (1.330m), que ascenden por riba dos 1.300m. A pesares da altitude, as montañas son suaves e constitúen unha paisaxe ondulada, formada por vales e montañas.


     No concello de Pedrafita do Cebreiro atopamos dúas grandes concas fluviais, a do río Navia e a do río Lor, que desembocan no Mar Cantábrico e no Río Sil respectivamente. Estes a súa vez conta con un gran número de regatos e afluentes que lles proporcionan un valioso aporte de auga. O Río Navia, teu a súa orixe na Serra do Rañadoiro, a 1.200m, e o Río Lor nace nos Montes de Val de Cereixos e Val de Abraira.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: concello@concellopedrafita.es
Horario: de 9:00 a 15:00