Iniciamos unha nova ruta no eido da información, un xeito de achegarse a Pedrafita do Cebreiro, estean onde estean, e comezar un camiño no que poderán coñecer a historia, a cultura, a natureza, o turismo e servizos do concello.
O mesmo tempo intercambiaremos experiencias, opinións, facendo máis rico este andar no que se favorece a participación e a comunicación entre o goberno e os cidadáns. Neste longo percorrido queremos ofrecer un municipio atractivo, vivo e dinámico, sostible, emprendedor e con futuro.
Anímovos a coñecer este camiño e sentir de preto a vida da nosa montaña.
Agradezo a vosa visita.
O Alcalde
José Luis Raposo Magdalena