Fondo cabecera

O Camiño Francés

Os Camiños

O CAMIÑO FRANCÉS NO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO

O CAMIÑO FRANCÉS NO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO

 

O Camiño Francés, é unha ruta Xacobea cunha tradición milenaria de peregrinación cara Santiago de Compostela, os seus orixes remóntanse ó século IX, poucos anos despois do descubrimento da tumba do Apostolo Santiago.. No século X converteuse no eico de articulación do imperio de Alfonso VI e Alfonso VII, normalizando así o culto achegado polos monxes cluniacienses fronte a Igrexa Española mozárabe.

Xa dende o ano 1135 se describen no Codex Calixtinus as principais vías deste camiño tanto en España como en Francia.

Na Idade Media supuxo un papel fundamental nos intercambios culturais entre a Península Ibérica e o resto de Europa.

No ano 1987 o Consello de Europa, catalogouno como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Anos máis tarde, no 1998, a UNESCO declarouno Patrimonio Mundial da Humanidade.

Nos nosos días, o camiño converteuse nun fenómeno internacional no que conviven moi distintos elementos espirituais, culturais e turísticos. O camiño faise de diversos sentidos pero sexa do que sexa un acabase empapando de camiño, de aí o dito: ‘’Se puede empezar el camino por cualquier motivo pero al acercarse a Santiago acaba convitiéndose en un peregrino’’

O Concello de Pedrafita do Cebreiro, está intimamente vinculado con este camiño dende os principios da peregrinación a Santiago de Compostela. Por este municipio pasan 14 km do Camiño Francés, atravesando os pobos de O Cebreiro, Liñares, Hospital da Condesa, Padornelo, O Poio e Fonfria.

No núcleo do Cebreiro, entrada do Camiño Francés en Galicia é donde se ven máis reflexadas as pegadas deste o longo dos séculos.

A etapa que pasa polo noso concello, é unha das que conta cunha maior dificultado por tratarse dunha das máis montañosas, sendo o Alto do Poio a 1335m ó punto máis elevado do Camiño Francés.

Non se pode olvidar destacar O Queixo do Cebreiro, un manxar típico deste concello, cuxa orixe se atribue ós monxes franceses que viñeron ata este lugar para atender os peregrinos.

Enlaces adicionais

  • xacobeo
    Enlace páxina do Xacobeo

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pedrafita do Cebreiro
Concello de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 367 103 | Fax: 982 367 150
E-mail: conpedrafita@hotmail.com